martes, 26 de junio de 2012




O vindeiro sábado día 30 durante toda a mañá na Feira da Trabe 5ª Feira do Pan e do Pemento, con degustación de pan, pemento e viño gratuito para todos e todas os que se qcheguen!!! 
Ademáis dende mañá día 27 de xuño ata o próximo domingo 1 de xullo teremos na Praza do Recheo " Feira Multicultural" con produtos de toda Sudámerica e tamén de Asia : madeira, téxtil, froitos, doces, adornos, bisutería.....
Non vos esquezades de parar en Ponteceso esta fin de semana!

miércoles, 20 de junio de 2012





Aquí  temos os nosos homenaxeados/as Carmen Rivera, Manuel Martínez , Alfonso Romar e Lita Mato  recibindo os seus agasallos de man da directiva da Asociación de Empresarios.
Despois celebrámolo cunha suculenta cea no Miramar de Valarés e con moita emoción e moita alegría por todos/as eles/as, que non deixarán de pertencer a AEP pois comezarán a formar parte do FORO DE EMPRESARIOS E EMPRESARIAS  XUBILADOS DE PONTECESO, o noso novo proxecto que vos iremos contando en breve...........