viernes, 21 de diciembre de 2012

Os gañadores e gañadoras  do Primeiro sorteo da Campaña de Nadal 2012 son:


José María Mato Bermúdez  rifa repartida por Ezgocar.

Beatriz Vilas Castro  rifa repartida por Talleres Sousa.

Paula Cousillas Pampín  rifa repartida por Parafarmacia Horizonte.

Teresa Mosqueira Méndez , rifa repartida por Super Diana.

Mónica Outeiro Rama   rifa repartida por Supermercado Aliprox Ponteceso.

Noraboa e a desfrutar deses 300 euros! 

jueves, 29 de noviembre de 2012

O noso agradecemento a Xunta de Galicia e o Fondo europeo de Desenvolvemento Rexional pola subvención outorgada a nosa asociación pola cal temos unha nova Cámara Fotográfica e os Estores enrrollables que tanta falta nos facían nas tardes de sol! 
En breves ensíanremosvos fotos de como nos quedaron!!!





martes, 26 de junio de 2012




O vindeiro sábado día 30 durante toda a mañá na Feira da Trabe 5ª Feira do Pan e do Pemento, con degustación de pan, pemento e viño gratuito para todos e todas os que se qcheguen!!! 
Ademáis dende mañá día 27 de xuño ata o próximo domingo 1 de xullo teremos na Praza do Recheo " Feira Multicultural" con produtos de toda Sudámerica e tamén de Asia : madeira, téxtil, froitos, doces, adornos, bisutería.....
Non vos esquezades de parar en Ponteceso esta fin de semana!

miércoles, 20 de junio de 2012





Aquí  temos os nosos homenaxeados/as Carmen Rivera, Manuel Martínez , Alfonso Romar e Lita Mato  recibindo os seus agasallos de man da directiva da Asociación de Empresarios.
Despois celebrámolo cunha suculenta cea no Miramar de Valarés e con moita emoción e moita alegría por todos/as eles/as, que non deixarán de pertencer a AEP pois comezarán a formar parte do FORO DE EMPRESARIOS E EMPRESARIAS  XUBILADOS DE PONTECESO, o noso novo proxecto que vos iremos contando en breve...........

martes, 8 de mayo de 2012

CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA 




interados/as chamar o Tlf: 981 71 54 93
aep@pontenmarcha.com ou ae.ponteceso@gmail.com 

viernes, 4 de mayo de 2012


Esta fotografía pertence o Curso  de Fomento da Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres e Loita contra a Violencia de xénero impartido o ano pasado e Financiado polo Departamento de Servizos Socias da Deputación da Coruña en xuño de 2011. 

Este ano o 9 e 10 de maio impartirase un curso sobre agricultura ecolóxica gratuito para todos aqueles traballadores/as por conta allea en activo.
 Para inscribirse contactar coa asociación 981 71 54 93 ,aep@pontenmarcha.com ou ae.ponteceso@gmail.com.

martes, 27 de marzo de 2012

Semana Santa 2012 e II Ecoponte



!Esta Semana Santa Ponteceso ten moito que amosar! 

Haberá pulpeira na Carpa do Recheo dende o Xoves ata o domingo.
O Xoves día 5:  Exposición do MELGA ( Museo etnolúdico galego) con mostras de Xoguetes e Deportes tradicionais galegos da man de Ricardo Pérez y Verdes.
O Venres día 6: teremos a Feira de Artesanía con todo tipo de produtos, roupa, complementos, coiro, vidro....
O venres tamén as 16.16 h sairá da Praza do Recheo o Roteiro de Mar : Ponteceso-Valarés-Monte Branco-Ponteceso. hora de chegada 20.20 h. Guía : Técnico de Turismo do Concello de Ponteceso Javier Couto Castro.
O Sábado día 7: II Ecoponte, Feira de Produtos Ecolóxicos ( queixo, mel, licores, produtos da horta, berberecho...) 
I Concurso de Pinchos nos Bares de Ponteceso , participan: Bar Novo, Bar-Estanco Rosalía, Cervececería Faldra, Bar Abeiro, Bar Madison, Café-Bar O Cruce, Bar Maravillas, Bar R.S,  Bar Avenida, Tasca A Ferradura, Restaurante A Pesqueira.
Votade o voso pincho favorito e deleitádevos ca nosa gastronomía
Ademais Roteiro de Río con saída as 16.16 h da Praza do Recheo e chegada as 20.20h, percorrido as veigas do río Anllóns : Ponteceso-Anllóns-Cardezo-Tella- Ponteceso.
Domingo día 8: Clausura das feiras coa Mostra de manualidades das Asociacións da zona, Íntegro, Asociación de Amas de Casa de Ponteceso, Amigas das Manualidades de Tella, IES de Ponteceso, Norte Sur Solidario.....etc.

Intercambio cultural cos Jarteiriños a " Nosa Xente" Fillos de Galicia de Sestao Vizcaya que amenizarán con alboradas e pasarrúas a fin de semana
Martes e Mércores as actividades do Programa concilia do Concello de Ponteceso celebraranse na Carpa
Anotarse ata o día 28 no Departamento de Educ. Familiar ( Loli) 



Colaboran: Concello de Ponteceso, e Deputación de A Coruña


Organiza: Asociación de Empresarios de Ponteceso 





martes, 20 de marzo de 2012

miércoles, 15 de febrero de 2012

Antroido

Mercaches o teu disfraz?
Mercaches a cacheira e os grelos para o cocido?
Mercaches anís e azúcar para as orellas ?
Mercaches mel para as filloas?
Pois a que esperas???
O comercio de Ponteceso, estate agardando!
Por calidade, por prezo e por atención!
Merca no noso comercio!