!Esta Semana Santa Ponteceso ten moito que amosar!
Haberá pulpeira na Carpa do Recheo dende o Xoves ata o domingo.
O Xoves día 5: Exposición do MELGA ( Museo etnolúdico galego) con mostras de Xoguetes e Deportes tradicionais galegos da man de Ricardo Pérez y Verdes.
O Venres día 6: teremos a Feira de Artesanía con todo tipo de produtos, roupa, complementos, coiro, vidro....
O venres tamén as 16.16 h sairá da Praza do Recheo o Roteiro de Mar : Ponteceso-Valarés-Monte Branco-Ponteceso. hora de chegada 20.20 h. Guía : Técnico de Turismo do Concello de Ponteceso Javier Couto Castro.
O Sábado día 7: II Ecoponte, Feira de Produtos Ecolóxicos ( queixo, mel, licores, produtos da horta, berberecho...)
I Concurso de Pinchos nos Bares de Ponteceso , participan: Bar Novo, Bar-Estanco Rosalía, Cervececería Faldra, Bar Abeiro, Bar Madison, Café-Bar O Cruce, Bar Maravillas, Bar R.S, Bar Avenida, Tasca A Ferradura, Restaurante A Pesqueira.
Votade o voso pincho favorito e deleitádevos ca nosa gastronomía
Ademais Roteiro de Río con saída as 16.16 h da Praza do Recheo e chegada as 20.20h, percorrido as veigas do río Anllóns : Ponteceso-Anllóns-Cardezo-Tella- Ponteceso.
Domingo día 8: Clausura das feiras coa Mostra de manualidades das Asociacións da zona, Íntegro, Asociación de Amas de Casa de Ponteceso, Amigas das Manualidades de Tella, IES de Ponteceso, Norte Sur Solidario.....etc.
Intercambio cultural cos Jarteiriños a " Nosa Xente" Fillos de Galicia de Sestao Vizcaya que amenizarán con alboradas e pasarrúas a fin de semana
Martes e Mércores as actividades do Programa concilia do Concello de Ponteceso celebraranse na Carpa
Anotarse ata o día 28 no Departamento de Educ. Familiar ( Loli)
Colaboran: Concello de Ponteceso, e Deputación de A Coruña
Organiza: Asociación de Empresarios de Ponteceso
No hay comentarios:
Publicar un comentario